Dende a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas queremos comunicarvos que retomamos o proxecto de rutas turísticas pola Costa da Morte, Santiago de Compostela e A Coruña que comezarán no vindeiro mes de xuño e poderán realizarse ata novembro.
Todas as rutas partirán do porto de Camariñas ás 10 da mañá e regresarán sobre as 8 da tarde. Realizaranse cun mínimo de 15 inscritos.
Adxuntamos folleto informativo coas catro propostas; dito folleto será impreso tanto en castelán como en inglés e será repartido entre os socios da entidade para a súa promoción.
Poderá inscribirse todo aquel que desexe facer as rutas, ademais as persoas que se inscriban nos locais que son socios da entidade terán ventaxas exclusivas.
O xoves realizarase a ruta Camariñas-Fisterra: Camariñas, Cereixo, San Martiño do Ozón, Moraime, Muxía, Fisterra, Corcubión, O Ézaro, Pazo Trasariz, e regreso a Camariñas.
Cun prezo de 50 euros incluindo a viaxe en autobus e a comida.
O venres realizarase a ruta Camariñas-Laxe: Camariñas, Laxe, Castro de Borneiro, Dolmen de Dombate, Torres do Allo, Batáns de Mosquetín, Castelo de Vimianzo, Iglesia de Xaviña, Camelle e regreso a Camariñas.
Cun prezo de 50 euros incluindo a viaxe en autobus e a comida.
O sábado e o domingo será visita libre por Santiago de Compostela e pola Coruña respectivamente, cun precio da viaxe de 35 euros, viaxe de ida e volta sen incluír a comida.