Corpografías, o artista Pedro Tasende expón no Faro Vilán de Camariñas.
A mostra estará formada por unha serie de tintas negras sobre tea translúcida realizadas entre 2023 e 2024 no seu taller da Bretaña francesa.
O arquitecto e artista plástico Pedro Tasende realiza unha mostra no faro Vilán chamada Corpografías, do 01 ao 31 de setembro. O artista que vive e traballa na Bretaña francesa, expón unha serie de tintas negras sobre tecido translúcido recuperado da industria náutica do Golfe du Morbihan. As obras que conforman a exposición foron concebidas tendo en conta o carácter propio da sala de exposicións do faro: “Estas obras están moi inspiradas na intensidade do lugar, na forza do vento e das ondas que o baten, na inmensidade do océano fronte ao faro. A tea do soporte ven das velas de barco. A vela como mediadora da relación entre o humano e o mundo, nunha relación harmoniosa e orgánica. Gústame imaxinar como isa inmensidade horizontal se encontra coa intimidade dunha inspiración que descende pola larinxe. No cruzamento da liña horizontal e da vertical xurden estas figuras. Son
corpos traballados cunha técnica de reserva, preservando vacíos no interior das masas de negro. Nas reservas onde non ficou a tinta negra, a luz entra e sae. Dalgunha maneira a experiencia íntima fronte a inmensidade do océano é
Corpografíada nestas obras”.
O artista Pedro Tasende xa empregou esta técnica de reservas nas súas últimas exposicións Place au Souffle (Vannes, 2023) e Côte à Côte (O Hézo, 2024).