Dende a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas queremos informar que o Edificio de Servizos Múltiples do Faro Vilán de Camariñas volve abrir as súas portas o vindeiro xoves 28 de marzo coincidindo coa Semana Santa 2024.
Poderase visitar o Centro de Interpretación de Naufraxios, Faros e Señalización Marítima da Costa da Morte e a sala de exposicións que albergará unha exposición do Camiño dos Faros «Unha imaxe a cada paso»
O noso horario permanente ata o verán será de mércores a domingo de 10-14 e de 15-18, pechando luns e martes como é habitual por descanso do persoal.
