NOTA COLECTIVO ARTE LUCET – EXPOSICIÓN XULLO 2024- EXPOSICIÓN ARTE EN FARO VILAN- CAMARIÑAS
Durante o mes de xullo na sala de exposicións do Faro Vilán – Camariñas estará aberta ao público a exposición colectiva, de pintura e fotografía, do grupo LUCET, do que forman parte: Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, María del Carmen Valverde, Melania Gómez Barral, Julia San Martín del Barrio, Dolores Mato Gómez, Francisco Hervella Rodríguez, Ana Cancela Muras e Salvador Galbán Dios.
Os arriba citados son artistas plásticos con estilo e técnica libres, a súa formación académica é variada, sendo algún dos artistas do grupo licenciado en Belas Artes e outros de formación autodidacta, con ampla traxectoria e experiencia. Posuíndo tamén, algún deles, un nutrido palmarés de premios en mostras e concursos de pintura, o que supón o recoñecemento á calidade da obra.
A exposición conta cunha nutrida representación da obra das artistas, acuarelas, pastel, debuxo, traballos en técnica mixta, e fotografía, na obra que se presenta aparecen motivos variados, aínda que predominan os motivos paisaxísticos, mariñeiros e urbanos de Galicia. As obras permanecerán expostas no mes de xullo no Faro Vilán.
A ISTO HAI QUE ENGADIR QUE O GRUPO TEN UNHA TRAXECTORIA XA CONSOLIDADA CON PRESENTACIÓN DA OBRA EN NUMEROSAS EXPOSICIÓNS COLECTIVAS – SALA NAUTA SANXENXO, FARO VILÁN- CAMARIÑAS, FÁBRICA DE SEL EN MUROS, PAZO DA PEREGRINA EN BERTAMIRÁNS, COLIVING COMPOSTELA, ETC-, EXPOSICIONS QUE TEÑEN UNHA EXCELENTE ACOLLIDA ENTRE O PÚBLICO, ACEPTACIÓN QUE SE REFLEXA NO NÚMERO DE VISITAS QUE SE RECIBEN NAS MOSTRAS REALIZADAS.
TÉCNICAS APLICADAS: ACUARELA, PASTEL, DEBUXO E FOTOGRAFÍA
A MAIOR PARTE DAS OBRAS QUE SE VAN A EXPOÑER SON REALIZADAS NA TÉCNICA DA ACUARELA, TÉCNICA NA QUE OS ARTISTAS MANIFESTAN A SU PERSONALIDADE PROPIA NO TRATAMENTO DA LUZ E A COR. OS TEMAS REPRESENTADOS SON VARIADOS, PERO PODEMOS DECIR QUE HAI UNHA NUTRIDA REPRESENTACIÓN DE TEMAS DE MAR, TANTO PAISAXES COMA PERSONAXES.
ACUARELISTAS QUE EXPOÑEN: MARIA DEL CÁRMEN VALVERDE, JULIA SAN MARTÍN DEL BARRIO, ROSARIO PUENTE VÁZQUEZ, MARÍA JOSÉ PUENTE VÁZQUEZ, MELANIA GÓMEZ BARRAL, ANA CANCELA MURAS
ADEMÁIS DAS ACUARELISTAS, A AUTORA DOLORES MATO GÓMEZ PRESENTA DEBUXOS REALIZADOS CON UNHA ALTA PRECISIÓN TÉCNICA CON DIVERSAS TÉCNICAS.
E POR ÚLTIMO PRESÉNTASE A OBRA DO FOTÓGRAFO SALVADOR GALBÁN DIOS– QUE MOSTRA PAISAJES DA COSTA GALEGA, FOTOS MONUMENTALES E DE NATUREZA, TÉCNICAMENTE IMPECABLES E CON UN EXQUISITO GUSTO.