Programación «O encaixe no camiño»


O evento “O Encaixe no Camiño” contará coa seguinte programación:

Venres 19 de xullo

17:00 Apertura do mercado de postos medievais e ambiente musical.

Sábado 20 de xullo

11:30 Desfile de comparsas

12:00 Saída da comitiva dende a Casa da Pedra cara o porto para recibir ó Rei Alfonso IX.

12:30 Presentación dos actos no porto.

Desembarco do Rei Alfonso IX.

Recreación teatral da chegada do Rei.

19:00 Conferencia sobre “O vínculo de Alfonso IX e o Encaixe no Camiño” Historiador convidado José María García-Osuna.

21:00 Concerto de música: Troianos de Compostela e Belem Tajes e a súa banda

Domingo 21 de xullo

9:30 Saída dende a Praza do Mercado da camiñata, acompañando ó Rei Alfonso IX ata Cereixo, facendo paradas con representación teatral en Xaviña e Cereixo.

18:00 Recreación do desembarco da Dama italiana, que segundo a lenda, ensinou a palillar.

18:30 Desfile de moda do encaixe de Camariñas.

Todos os días: Actividades na rúa, ambiente musical, xogos populares, mercado medieval…